O valor de 300.000€
Como cantidade supoño que parecerá grande ou pequena en función do peto de cada un: 300.000€. Sen embargo, o seu valor, neste caso antóxaseme bastante máis grande que a súa propia cuantía. Trátase da cantidade destinada pola Xunta de Galicia ás chamadas «Bolsas de talento audiovisual». Unha iniciativa pioneira (por fin unha en Galicia) que consistía basicamente nunha serie de axudas orientadas a proxectos audiovisuais de creadores individuais sen necesidade de productora.
As axudas en cuestión tiñan un límites de:
- 30.000€ para unha Longametraxe en formato dixital.
- 12.000€ para guións.
- 10.000€ para obras experimentais.
- 6.000€ para curtametraxes de ficción ou documentais.
Na pasada convocatoria presentaronse máis de 250 proxectos dos cales recibiron a axuda poucos máis de 20. É dicir a penas un 10% dos proxectos presentados. O que aínda así supón a producción de proxectos persoais doutros tantos directores cos seus correspondentes equipos e un total de máis de 400 minutos de material audiovisual de tódolos tipos por cada convocatoria.
Sen case tempo para avaliar os resultados reais da primeira convocatoria e atopándonos neste momento inmersos no proceso de producción dos proxectos que verán a luz o ano que ven gracias á segunda, o que podemos ver e cando menos chamativo. Só neste ano conseguiuse un fito histórico para o cinema galego, ver a un director galego recollendo o premio da crítica da Quincena de realizadores de Cannes, o festival máis importante do mundo. O filme de Oliver Laxe, «Todos vos sodes capitáns», conseguiu este galardón partindo dunha destas bolsas de AGADIC pese a estar realizado cun orzamento 100 veces menor (sí fixen ben a conta, 100 veces), que o orzmento medio do cine español.
Á súa vez, dentro de menos dun mes, o propio Oliver Laxe estará co seu filme no festival de cine de Xixón, un dos máis prestixiosos de España, xunto a Peque Varela e Ángel Santos que presentarán alí as súas obras producidas tamén gracias a unha bolsa de talento.
Se botamos a vista atrás, podemos ver que desde que se oficializou a figura do «Creador Individual» nas axudas ó cinema galego apareceron un sen fin de nomes como os de Susana Rei, Claudia Brenlla, Pablo Millán, Jorge Morais, Victor Hugo Seoane, e un longo etc que acadaron cuns medios ínfimos que o cinema galego estivese presente nalgúns dos festivais máis importantes do mundo desde Sundance a La Habana ou Sao Paulo acadando ducias de premios.
Todo esto foi posible gracias a que o formato das bolsas permitía por primeira vez ós distintos realizadores afrontar a producción dun proxecto con independencia dos cánones e os vicios da industria. Optando polo estilo persoal e antepoñendo os filmes ó simple negocio.
Sen embargo e pese ós resultados acadados en tan pouco tempo, as bolsas corren o perigo de desaparecer e con elas o principal viveiro de producción independente do cinema galego.
E por esto que debemos sair na súa defensa.
Quen queira pode asinar o Manifesto en Defensa das Bolsas de Talento, aquí.









