Pregón das Festas do Carme da Illa de Arousa 2010
Xullo 23rd, 2010 | by marcosnine |Volvo á actividade blogueira despois de varios meses nos que non tiven tempo para nada. Despois do meu periplo bonaerense, tomei terra para chegar á Arousa e poñerme a escribir o pregón das festas do Carmen, un honor que me pillou por sorpresa pero que me fixo moitísima ilusión. A quen non lle gusta que se acorden dun na súa vila? Así que nada máis aterrar puxenme a escribir desde o punto de vista de quen está fora, facendo exercicio de memoria e emocionándome mentres me viñan á cabeza algúns momentos que ía convertindo en parágrafos.
Aquí me podedes ver escoltado pola garda pretoriana da comisión de festas

E para quen non puido estar aí vos vai o texto do pregón:
Vai facer xa 15 anos que non vivo na Arousa, sen embargo, por moi lonxe que estés nunca deixas de levar contigo os lugares e a xente coa que medraches.
Moito cambiaron as cousas desde aquela.
Entre tódalas cousas que se me pasan pola cabeza, acórdome de que hai anos cando viñamos da “escuela”. Viñamos Belermo e máis eu. Só podías pasar polo Naval cando estaba a marea baixa. Máis dunha vez, por non dar a volta polo Campo, poñiamonos a gabear polo muro que había, e máis dunha vez temos chegado mollados a pingar á casa.
Acórdome de xogar á pelota nos camiños de terra cerca de onde ahora está o baradero, e de que sempre que pasaba alguén nos mandaba a xogar a Testos.
Acórdome de cando íamos con Milleiro ó Economato, de estar no Regueiro a comer pipas con Alberto o de Teresita de Sete Carros, de xogar ó ordenador con Sergio o de Chicho da Cantina e Uxío o de Genito, de cando lle axudabamos a descargar o camión a Ramón o de Benado, que despois nos daba un Kas, e de coller algunha gamela no Campo con Belermo e co Pichón para ir dar unha volta. De comer “sartañadas” de lamparóns nos cons do Naval e de cando en San Juan facíamos as fogueiras. Tiñamos sempre que facer a fogueira máis grande. Unha vez, despois de anos facendo sempre a fogueira no mesmo sitio, fixemos unha tan grande que co calor que metía partimos un con do Naval ó medio. Se non mo credes preguntádello a Belermo.
E acórdome que tódolos domingos íbamos ó cine, ó Arosa ou ó Capitol, daquela cando valía 10 pesos. E de andar en piragua en Con Retellado con Salva o do Cobecho e Ramón o de Pupú.
Eran moi distintas as cousas daquela. Daquela, ata o Concello da Arousa estaba en Vilanova, como cando fixeron o instituto, que estar estaría en Vilanova, pero pola “cantidá” de xente que eramos o instituto era da Arousa.
Esa foi a Arousa na que a min me tocou medar, a que levo dentro, e que hoxe é totalmente distinta. Mellor na maioría das cousas, e seguramente tamén peor nalgunha.
Sen embargo, por moito que cambiara todo desde aquela, segue a haber cousas que soportaron e seguen a soportar o paso do tempo. Cousas que nos unen ós que medramos naquela Arousa cos que están a medrar na Arousa de hoxe.
Hai unha semana no ano, que empeza cando todos collemos o libro das festas. E o miramos unha e outra vez, comezando polas fotos, a ver a quen coñecemos. Eu cando chego xa o teño na casa, e miña nai ponmo nas mans para ver a quen coñezo, e antes de que o poida abrir, miña nai ou miña abuela xa o abriron, xa atoparon unha foto e xa me sinalan a alguén preguntándome “Non conoces a este?”. Na miña casa é así.
E a xente mira o libro e coméntao, “Este é o negocio de tal, e este o de cual, e mira fulaniño que propaganda máis grande puxo”.
E o día seguinte a xente exclama pola rúa “que area levaban os quintos, aínda non foran á cama! Mira ti!”
E despois hai que encargar o churrasco para ir comer á Bouza. E que non vai comer vai despois pasear porque dá gusto ver o ambiente e poñen xogos para os rapaces.
E o venres, mirade de non chegar á casa moi tarde á noite, que o que non se levante o sábado queda en terra.
Porque o sábado chega o gran día. O Carmen. Con tódolos barcos engalanados, e coa Santa, un orgullo para todo aquel que a leva, sexa barco ou marino.
Ano tras ano, ó Xufre chega cada vez máis xente, porque procesión como a da Arousa non hai outra coma ela, aínda que como escoitín eu moitas veces, “despois veñen os carallos estes das televisións que gravan a procesión da Arousa e despois cando a sacan din que son procesións de por aí arriba, pero as imágenes son da Arousa”.
NOTA: Aquí houbo aplausos
E saímos ó mar, e aínda lle avisamos ós turistas que se poñan protección, que o sol no mar malla moito para quen non está acostumbrado. E entre sirenas e flores rendemos tributo a tódolos que no mar morreron para que se sepa que os temos na memoria. E sempre igual, “os carallos dos das planeadoras que andan coma tolos e aínda han de facer unha desgracia”.
E xa en terra acudimos en masa ó Campo, a ver como lle dan volta á Santa, que tal día coma este non se come ata as 5 da tarde, e ós grandes e ós pequenos, ós da Arousa e ós de fora, a todos se nos pon a pel de galiña cando escoitamos á xente do mar cantar a “Salve”.
Así ata que á noite, aínda que papemos algo de frio, cumplimos co ritual de ir ó Naval onde a Arousa en pleno se concentra para ver os fogos e despois de media hora exclamar “que bonitos foron os fogos, gustaronme máis que os do ano pasado”.
E sigue a festa, e a orquesta non para ata as 8 da mañán, porque están cómodos, porque todos o din que ambiente como o que se vive nesta Arousa non se vive en ningún lado.
Así é hoxe e así foi antes. Uníndonos o longo dos anos a todos os que aquí nos criamos.
Por todo esto e por mil razóns máis, por todos eses momentos inolvidables que me quedaron na cabeza e por todos aqueles que teredes vos tamén, para que duren, para que non cambien, que vivan as festas do Carmen!
Pd: Na foto pode comprobarse que trouxen algún quiliño de Bs. As.





By manu on Xul 24, 2010
Por favor, devuelvan el instrumento jitarra… los chicos no tienen la culpa de que se fuera la lus.
Podería ser parte dun guión, non che parece?
Saúde paisano. Coma sempre, é un pracer ver o teu traballo.
By ifrit on Xul 24, 2010
Esperaremos polo video
P.D.: A ver se vas ver a nova de Elm Street e escribes algo
By anan rojas on Xul 24, 2010
hola paisano,gustoume moito o pregon xa que me identifico moito con el,xa que esa e a arousa que eu vivin de pequena cando ivamos da escola polo naval e nos mollavamos ,ca marea alta polos cons,a tua cara recordame pero non sei quen eres,levo 11 anos en barcelona e 3 sin ir oas festas cada vez faise mais duro,e o leer o pregon emocionime,moitos bikos pa tpdos os isleños e pasadeo moi ven
By ana rojas on Xul 24, 2010
Desde aqui quero saludar a todos os meus amigos da isla,e comentar que oxe e un dia triste pa min ,por non poder estar neste dia.bikos pa todos meus irmans e familia e a miña filla Maria que o pase moi ben que o merece,por estudiar moito e aprovar todo.Maria divirtete cas tuas amigas e con ritiña a tua amiga da alma,bikos pa todos
By ana rojas on Xul 24, 2010
Marcos xa sei quen eres o ver as tuas fotos,eres neto de sito bua e ainda temos unha tia en comun tia teresa que esta en caceres,fai moitos anos que non che via acordabame de pequeno pero bueno tes a misma cariña un saludo
By marcosnine on Xul 24, 2010
Gracias a todos, ó final polos comentarios que me chegaron parece que sí que gustou
O do video terá que esperar…
Pd: E medo me dá poñerme a ver Elm Street.
By marcosnine on Xul 25, 2010
Pois a min sóame un montón o teu nome pero agora mesmo non me dou conta. Seguro que si vexo algunha foto che identifico.
By anton on Ago 14, 2010
Moi bo, estaba á xanela a tratar de escoitar, pero entre o mininho no colo e os paspáns dos quads, case nen se oía.
Hei preguntar ao Belermo a ver onde está ese con escachado!
By marcosnine on Set 17, 2010
O con escachado xa non está. Fixeronlle o paseo marítimo do Naval enriba